For the love of Sauntress. Libro

O Sauntress é un barco construído en 1913 en Cardiff por Wright & Harris. Actualmente ten o seu porto base en Redes, onde reside desde hai uns anos o seu actual propietario Martin O’Scannall. Martin leva navegando co Sauntress polo norte de Europa desde hai máis de 40 anos, e agora publica o libro For the love of Sauntress, a forty years affair, na editorial Lodestarbooks. En Nautiblog hai un fermoso post sobre a historia do Sauntress e de Martín, o seu patrón.

(Vía Nautiblog)

Actualización: No libro hai dous capítulos sobre Galicia, un sobre o desafío Sauntress/Abur, unha parte da Regata de Redes que ten entidade en por si, e o outro sobre a Costa da Morte e o pobo de Corme.
O libro ademais de no web do editor pode mercarse na Librería Náutica Robinson, en Amazon e tamén no estanco «Xicos», en Cabanas.