Foro de debate sobre “A relación do home e o mar. Perspectiva histórica”

Mañá martes 11 de xuño vai ter lugar na Domus, na Coruña, un Foro de debate sobre “A relación do home e o mar. Perspectiva histórica”. Pablo Carrera abrirá o debate cunha charla sobre o tema do foro na que falará da evolución dos asentamentos e usos costeiros así como da explotación dos recursos pesqueiros, con énfase no caso galego. A esta charla seguirá un debate no que terán un papel esencial os estudantes universitarios participantes no proxecto europeo “Sea for society” no que se encadra o Foro de debate.