Fotos da Volta a Tambo

No web de Desmarque pódese ver unha colección de fotos da Volta, entre elas a de arriba, que recolle o bote xeiteiro Os Galos, o máis bonito por votación popular. A dorna Manuela, de 1916, foi a participante máis antiga, e a Briosa de Vila do Conde o barco que veu de máis lonxe.
E no blog de Benito Juncal tamén hai unhas moi boas fotografías do evento.