Gala de peche da tempada 2012 dos Patexeiros de Sada

O vindeiro sábado 15 de decembro ás 17:30 h vai ter lugar a Gala de peche da tempada dos Patexeiros de Sada. o acto será no Salón de Plenos do Concello de Sada, sito no antiguo edificio da Comandancia de Mariña.

A gala fará un repaso ás actividades dos Patexeiros no 2012, entregaranse os diplomas aos alumnos do Curso de carpintería de ribeira que organiza a asociación, entregarase a Copa Balbina ao gañador deste ano, e proxectaranse imaxes destas actividades. Tamén haberá unha pequena charla sobre a FGCMF e unha breve presentación do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que terá lugar no Freixo-Outes en 2013.

Logo pecharase o acto coa actuación do Grupo de Gaitas de Cántigas da Terra.

Etiquetas