Gamelas. Proxecto de recuperación

Xa está público parte do resultado do proxecto feito por Mar da Pedra e a Confraría de Pescadores de Cangas para a recuperación da gamela coruxeira. Nesta páxina poderedes atopar datos recentes sobre o estado das gamelas coruxeiras e guardesas, desde Aldán á Vila Praia de Âncora. O censo recolle 200 gamelas coruxeiras e 150 gamelas guardesas e masseiras. Este dato comparado cos de hai 20 anos mostra que a perda foi grande, pero tamén mostra que ainda é tempo de facer algo para que esta embarcación siga existindo.
Ademais de datos e fotos das gamelas existentes e da a súa localización, hai no sitio web moita información de todo tipo relacionada coa gamela.
Parabéns a Mar da Pedra por este traballo, que aporta unha ferramenta fundamental para o futuro da gamela.

Etiquetas

Un comentario sobre “Gamelas. Proxecto de recuperación

  1. A gamela merece mais atención, é un barco marabilloso, e non se ve que as institucións fagan nada. Os concellos e os clubs nauticos da ria de Vigo deberían facer por darlle entrada na nautica infantil. Un barco único é un recurso non unha molestia.

Comments are closed.