Grupo Cultural Ronsel. Seixo, Marín . Novo membro da FGCMF

Na pasada Asamblea do sábado 12 de marzo tivo lugar a entrada oficial do Grupo Cultural Ronsel como membro de pleno dereito da FGCMF.
Ronsel é un grupo do Seixo que xa ten varios anos de vida e que participou asiduamente nos eventos celebrados na ría de Pontevedra, o seu ámbito principal de traballo, e tamén noutros de ámbito mas amplo, como o IX Encontro en Muros.
A súa flota está composta dunha dorna e de dous botes de dúas proas.
Na foto de arriba pódense ver os dous botes, o Terceira e o Lilas II. No seu blog tendes máis fotos destes barcos dos que xa non quedan moitos exemplares.

Etiquetas