Grupos de Acción Costeira

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos vai proceder á convocatoria para a constitución dos Grupos de Acción Costeira ao amparo do Eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca. A creación destes grupos vai supor unha nova estratexia de xestión e financiamento de proxectos de desenvolvemento territorial e, neste caso, cunha forte vinculación terra-mar. Tratarase de Grupos integrados tanto polo sector pesqueiro (Confrarías, Asociacións e organizacións de productores) como polos axentes locais de carácter social, cultural e económico así como polas Administracións Locais que vaian formar parte destos grupos.
Como entidades culturais calquera entidade da FGCMF pode entrar a formar parte dos GACs e presentar o seu proxecto que redunde nunha mellor calidade de vida das comunidades pesqueiras e conservación do patrimonio e medio ambiente, con moita atención ós aspectos de diversificación económica das actividades pesqueiras como actividades de posta en valor do patrimonio da costa, turísmo, etc.
Para conseguir máis información contactar co CETMAR

Etiquetas