Guía de recursos sobre ordenación do litoral

O Centro de Documentación Domingo Quiroga ven de publicar Ordenación do Litoral. Guía de recursos. Un documento no que se recollen tanto as directrices de ordenación do territorio da Xunta de Galicia, como outros recursos bibliográficos de interese relacionados con esta temática.

O Centro de Documentación Domingo Quiroga pertence ao CEIDA e ofrece a posibilidade de levar en préstamo os documentos que aparecen na guía. Aquelas persoas que non poidan achegarse á sede do CEIDA en Santa Cruz (Oleiros) poden facer uso do préstamo postal.

Etiquetas