Guindastres portuarios históricos

2015 é o Ano Europeo do Patrimonio Industrial e Técnico e E-FAITH (European Federation of Associations of Industrial and Technical Heritage) promove unha serie de actividades para chamar a atención sobre a situación do patrimonio industrial europeo. Dentro de E-FAITH creouse un grupo de traballo sobre guindastres que está elaboransdo un censo dos guindastres portuarios europeos. European Harbour Cranes é o web onde se poderá consultar este censo.

Neste momento o web está en fase inicial e só dispón de datos de 9 guindastres entre eles dous galegos, un na Coruña e outro en Perlío. A imaxe de arriba corresponde ao guindastre 6 do porto da Coruña. Este guindastre eléctrico foi consruído en 1909 en Barcelona por La Maquinista Terrestre y Marítima e prestou servizo no porto ata os anos 80. Hoxe está restaurado e situado nun lugar visible na entrada do porto.

Quen queira colaborar no proxecto do censo, xa sexa de forma individual ou como grupo pode facelo enviando fotos ou datos de calquera guindastre portuario histórico.

(Imaxe: Adriaan Linters)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *