Haberá XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

A Asamblea da FGCMF decidiu onte que queda aberto o prazo para presentar candidaturas para organizar o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

No verán de 2013 faremos o XI Encontro, reunirémonos cos nosos barcos, invitaremos aos amigos a acompañarnos, e convocaremos a todos os interesados a celebrar con nós a cultura do mar e dos rios.

Será o XX aniversario da fundación da FGCMF. Será o momento de volver a vista atrás para ver o camiño feito, lembrar a quen botou un cabo, aos que traballaron para ter o que hoxe temos, e mirar adiante para ver a onde queremos poñer rumbo.

Etiquetas

2 cometarios sobre “Haberá XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Comments are closed.