Historia dun paquete de tabaco: a traxedia do Carranza. O Barqueiro.

Mañá 22 de agosto ás 20:00 h no Bar Queiro Hixinio Puentes e Luís Real van dar unha conferencia sobre o afundimento do pesqueiro Almirante José de Carranza por un submarino italiano en 1940. Esta conferencia enmárcase nas III Xornadas Memoria dun Tempo, que organiza a asociación Nordés no Barqueiro.

Sinopse: Na madrugada 19 de setembro do 1940 o submarino italiano “G. Marconi” afundía o pesqueiro galego, con matrícula de Cádiz, “Almirante José de Carranza” a unhas poucas millas do Cabo Vilán. Un só torpedo bastou para botar ó fondo o pesqueiro, arrastrando á tripulación composta por 15 mariñeiros de distintos sitios (A Pobra, Ribeira, A Pedra, O Vicedo,O Barqueiro, etc), dos que só sobreviviu un de Santa Uxía de Ribeira. Nesta historia, pouco coñecida nos seus detalles, ten suma importancia un sinxelo paquete de tabaco que se conserva no expediente depositado no Arquivo de Ferrol…Se queres coñecer máis, achégate.