Historia marítima da Bretaña Norte

O patrimonio marítimo máis coñecido da Bretaña é o dos portos do sur (Douarnenez, Camaret, Concarneau,etc.), do norte son famosas as bisquines de Cancale e as goletas “islandesas” de Paimpol, pero hai moitos outros tipos de barcos ao norte de Brest. Pierre-Yves Decosse mantén o sitio web Histoire maritime de Bretagne Nord onde se pode acceder a unha gran cantidade de información sobre o patrimonio do norte da Bretaña. Non só hai útiles listaxes de enlaces a fontes de información, senón tamén mais dun cento de artigos sobre aspectos concretos da cultura marítima da zona. Estes artigos van acompañados dun impresionante traballo de documentación gráfica, con imaxes de planos, postais antigas, debuxos etc. (Recomendamos baixarse os pdfs dos artigos porque as imaxes neles están a maior resolución). Histoire maritime de Bretagne Nord é unha magnífica fonte de información sobre o patrimonio marítimo do norte da Bretaña.

(Imaxe: unha bisquine de Cancale encallada en Roscoff, tomada de Histoire maritime de Bretagne Nord)

Etiquetas