Homenaxe a Domingo Ayaso. Travesía a Palmeira

A Asociación Cultural R.e I. Cofradía da Dorna xunto a Asociación Cultural Lajareu por Barlovento levarán a cabo o vindeiro sábado día 3 de setembro unha xuntanza de embarcacións na que se fará un homenaxe o carpinteiro de ribeira, mestre dorneiro, Domingo Ayaso Oujo pola súa traxectoria e selo deixado na construción de dornas.

Da man de Ayaso saíron ducias de dornas, algunhas de gran tamaño como a Insuabela, a Rabandeira ou a Falucheira e outras tan viaxadas como a Jatiña.

Así mesmo tamén se lembrará ó amigo da A.C. Lajareu por Barlovento recentemente falecido, Alberto Romero Bermo e a Xosé Bermo, “o Americano”, membro destacado do clube e mestre de mestres na navegación e cultura da dorna, que tamén nos deixou hai escasos anos.

O programa previsto é:

Ás 11:00 da mañá reuniranse todas as embarcacións na zona do náutico de Ribeira, a carón do galpón do Lajareu para por proa a Palmeira e desembarcar no histórico porto para tomar um refresco.

Ás 14.30 horas, de volta no galpón do Lajareu, rendiranse as homenaxes programadas, e haberá un xantar para pasar unha tarde de convivio mariñeiro.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *