Homenaxe á Gamela de Cabo de Cruz: Lembrando ao Encontro

A Asociación Gamela de Cabo de Cruz e o Concello de Boiro organizan o vindeiro sábado 9 de xullo un acto de homenaxe á gamela de Cabo de Cruz e que tamén quere lembrar o XII Encontro, que tivo lugar en Cabo o pasado ano.

O día anterior, 8 de xullo, inaugurarase a exposición “Imaxes do Encontro 2015” e representarase a obra de teatro “Un mar de mulleres”. O día 9, no Centro Social de Cabo de Cruz inaugurarase a III Xuntanza de palilleiras e bordadoras CSoCC. A continuación será o acto de homenaxe presentado por Xurxo Souto e no que se proxectará un vídeo sobre o pasado XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Finalmente, no peirao de Cabo de Cruz, inaugurarase a réplica da gamela “Esperanza-Liberdade”. O acto rematará coa entrega dun agasallo de agradecemento á empresa Jealsa-Rianxeira polo seu decidido apoio ao XII Encontro.
Unha vez rematado o acto haberá actuacións musicais e unha pulpeira ata rematar a festa

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *