Homenaxe a Manuel Lopes no VIII Encontro


No marco do VIII Encontro, o día 7 de xullo vaise facer unha homenaxe a Manuel Lopes.
Manuel Lopes, que finou o pasado 2006, ten feito un gran traballo para protexer e espallar a cultura marítima en xeral e da Póvoa en particular desde o seu posto de Director da Biblioteca Municipal e do Museu Municipal de Etnografía e Historia da Póvoa de Varzim.
Foi un dos impulsores da construcción da Lancha Poveira do Alto Fé em Deus, que estivo presente en moitos dos encontros feitos en Galicia e Portugal, que estará presente en Ferrol, e da que podedes ver arriba unha foto navegando cun norte bastante bo no VII Encontro en Cambados.

Etiquetas