Homenaxe a Pablo Carrera na Cea da ENT/FGCMF

A FGCMF convoca unha homenaxe a Pablo Carrera con motivo da súa marcha da dirección do Museo do Mar de Galicia. Cremos que sobran os motivos para esta homenaxe. Todos os que aman o patrimonio marítimo, os que valoran o traballo de Pablo a prol do patrimonio están convocados á homenaxe o día 26 de novembro.

Todos os anos por estas datas a Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa organiza a súa cea anual, e en moitas ocasións a FGCMF súmouse a esa cea onde se facía a entrega do Trofeo Galicia de Dornas a Vela.

Este ano tíñase previsto inicialmente organizar unha cea da FGCMF, pero vista a necesidade de facer a homenaxe, considerando que esta época do ano está chea de eventos, e que o 26 de novembro vai haber unha Asamblea da FGCMF, para facilitar a presencia de todos na homenaxe decidiuse que a Homenaxe e as ceas da ENT e da FGCMF sexan unha mesma.

A Homenaxe será no restaurante Tamanaco, na Illa de Arousa (rúa da Torre), ás 22:00 horas o 26 de novembro. Dado que o aforo do restaurante é limitado a 150 persoas, é preciso apuntarse con antelación no teléfono 986 524 845, en horario de 11:00 a 13:00 horas ou no correo fgcmf@culturamaritima.org. O prezo do menú será de 25 euros e o pagamento será no momento da cea.

Etiquetas

3 cometarios sobre “Homenaxe a Pablo Carrera na Cea da ENT/FGCMF

  1. Magnífico, este é o segundo capitulo (o primeiro foi o escrito da FGCMF), mais Pablo Carrera merece moito máis.

  2. Sinto, por motivos laborais, non asistir a cea homeaxe a Pablo .

    Todos sabemos do bo trato de Pablo a o noso patrimonio máis eu penso que o trato que dou as personas foi indudablemente moito mellor.

    O meu recoñecemento . Unha aperta

    Tio Mini

  3. Agardo que corra todo como merece Pablo, e tamén poder estar con él

    noutra oportunidade xa que en ésta non posibel.

    Saúdos a todos e todas

    unha aperta Pablo.

    Manolo Bacallao

Comments are closed.