Homenaxe ás víctimas do Bonifaz


O vindeiro día 12 de xullo vaise facer en Muros unha homenaxe ás víctimas do petroleiro Bonifaz, afundido hai 44 anos perto de Fisterra. Este acto forma parte das xornadas Muros mira ao mar.
Esto é o que nos di o impulsor desta homenaxe, Manuel Caamaño, responsable do blog Homesdepedraenbarcosdepau:

A traxedia esquecida

O día 3 de xullo de 1964, o petroleiro español da compañía cántabra Naviera Castilla “Bonifaz” afundía a poucas millas do cabo Fisterra logo de ser abordado no medio dunha mesta néboa polo tamén petroleiro francés “Fabiola” deixando a cifra de 25 vidas perdidas entre mortos e desaparecidos, catro deles veciños da vila de Muros.

Etiquetas

Un comentario sobre “Homenaxe ás víctimas do Bonifaz

Comments are closed.