Hoxe haberá Pleno sobre orzamentos en Vilagarcía

Hoxe xoves 29 de decembro ás 5 da tarde terá lugar o Pleno do Concello de Vilagarcía para aprobar os orzamentos do 2012. Como sabedes o día 22 decembro a FGCMF presentou un novo escrito no rexistro deste Concello solicitando a inclusión nos orzamentos do 2012 da débeda do Concello de Vilagarcía co X Encontro.
Estades convocados para acudir a este pleno e manifestar coa nosa presenza que mentras non recoñezan esa débeda seremos como o Cobrador do Frac, versión Concello de Vilagarcía.
Como na vez anterior que asistimos ao Pleno sería bo que levaramos o polo azul da FGCMF.

Etiquetas

4 cometarios sobre “Hoxe haberá Pleno sobre orzamentos en Vilagarcía

  1. Grazas a tod@s @s que estivestedes no Pleno. 0 feito de estar 3 horas a pé de cañón, mostardo os carteis co texto “TODOS CUMPRIMOS CO ENCONTRO, MENOS O CONCELLO” penso que serviu para amosar que somos fortes, estamos dispostos a aguantar reclamandolle ao Alcalde o tempo que faga falla e non esquecemos facilmente. Na rolda de intervencións dos grupos da oposición aludiron a nosa presenza no Pleno e pedironlle ao Alcalde que reconsiderara a súa actitude cara á débeda do Concello co X Encontro. Apelaron á capacidade do Alcalde para recoñecer cando se está a cometer unha inxustiza e por iso pedíanlle que buscara unha solución a inxusta situación que está a ter co X Encontro.
    Novamente grazas a tod@s

  2. A Galiza é grande, é bela, e tem uma costa extraordinária para a realização de eventos náuticos.
    Um ano antes dos Encontros de Embarcações Tradicionais da Galiza decide-se em que local se irão realizar.
    As candidaturas competem para conseguir a sua realizaçao, os concelhos com um pequeno investimento ganham o evento mais notável em muitos anos.
    Muita estranhaza me causa agora esta atitude do Concelho de Vilagarcia.
    Também me entristece aqui em Matosinhos, cidade geminada com Vilagarcia de Arousa, onde resido quando não estou a navegar com a gente da Arousa.
    Também daqui faço votos para que o Concelho de Vilagarcia não se esqueça dos compromissos assumidos e desfaça este equívoco.
    Feliz ano 2012

Comments are closed.