I Memorial Tito Silva de Embarcacións Tradicionais. Cambados

O vindeiro sábado a partir das 4,00 da tarde no peirao de Cambados-Sto. Tome vai ter lugar o I Memorial Tito Silva de EE.TT., convocado polo grupo de ex-navegantes da Airexa, trátase dunha concentración dirixida aos barcos grandes da flota, ainda que calquera está convidado, e que vai ter un percorrido Peirao Vello de Cambados – A Lobeira – Ponte da Illa – Cambados.
As anfitrionas do Memorial serán a Airexa e a Nova Jorita.
Tito Silva foi o que recuperou a Airexa, unha das poucas dornas de tope orixinais que ainda navegan.

Etiquetas

12 cometarios sobre “I Memorial Tito Silva de Embarcacións Tradicionais. Cambados

  1. Perdón que corrixa o texto, pero probablemente estemos a falar da UNICA dorna de tope viva que fora mariñeira no seu orixen e polo tanto garda moi ben as formas orixinais.

        1. No Grove hai 2 dornas de tope de mariñeiros, que se fixeron para ir ao mar.
          E unha mais que está en preoceso de recuperación e adaptación á vela

  2. Na e.n.t. de Dorna amais da “María” temo-la “Nova Maruxa”, rescatada “in extremis” en Cambados. Polo que eu sei, foi mariñeira. Penso que Fernando tivo moito que ver no asunto. O que non sei é os anos que ten a embarcación.

  3. Dá gosto ler os comentários e verificar que afinal as embarcações aparecem, umas aqui e outras ali.
    Muitos dos que comentam e lêem, tem presente na memória a existência de uma ou outra tipologia, que nos passa despercebida até que o assunte se traga ao cimo de “água” que é o lugar proprio delas as embarcações.

    Abraço desde Viana

  4. Unha aportación á historia da “Airexa”:

    A dorna, que aínda non lle puxeran motor, participou no Iº Encontro de Ribeira, cunha navegación de nove horas entre Cambados e Ribeira, no medio de melura, borralleira e calma borrada no canal. A tripulación, que se fartou de bogar e tan sequera chegou a tempo para a sardiñada: Tito, Rafa Vilas, José de Corbillón, Lola Varela e quen esto escribe. A volta xa foi doutro xeito, pois collemos un gorentoso nordés.
    Saúdos á iniciativa e lembranza saudosa de Tito.

    1. Sei das dornas que me falades, non as esquezo, pero, si bos fixades ben – a “Belida” aparte – tanto a “Nova Maruxa” como a “María”, faltanlle taboas, tanto unha como outra son “evolucións” o mesmo que a “Muller de Balboas” (teño motivos para coñecelas), son dornas de tope, pero correspondense coa chegada dos motores e son “evolucións”, si vos fixades as suas “obras vivas” son casi redondas como as de un bote, no da “Nª Maruxa”, “Muller … ” ou “María” e clarisimo, por certo nos sei si a dorna de Aguete a que vos referides é a “Luzia”, que tamén e da escola de estas últimas. Polo que non se corresponden coa tipoloxía das dornas de tope “veleiras” como a “Airexa”.
      No caso de “Belida”, non digo nada agás, que a súa fasquía non se asemella moito a da “Airexa” (tampouco a vin tantas veces, creo lembrar incluso que o leme vai diferente. Din que pode ser de esa epoca … (calome).
      Agora con respecto as antes nomeadas … fixádemos que lle faltan as taboas do “par da quilla”.
      E como estas últimas apareceran mais, por Ribeira, O Grobe … pero como a “Airexa” penso que ningunha, a eso me refería.
      Agora si é verdade que non deixan de ser “dornas” construidas a tope, que ninguén lle quite o merito. Pero non recollen as formas na obra viva das súas antecesoras. Como dí Malena en alguna de esas ainda perdín algo o tempo.

      1. Debo rectificar o meu primeiro comentario e recoñecer que a expresión “mariñeira” a secas non recolle o que quería decir, penso que despois do anterior pode quedar mais claro. Obviamente “mariñeiras” foron todas si quitamos a “Lavanqueira” e “Peza de Rabo” (non sabemos a “Belida”). Pero tamén se me facía moi duro decir que representa as orixinais da tipoloxía, pois na cuberta e na vela …..
        Bicos a todos.

Comments are closed.