I Regata de dornas a vela “Desafío O Berete”. Chapela

 
O vindeiro 11 de xuño vai ter lugar na praia de Arealonga (Chapela) a I Regata de dornas a vela “Desafío O Berete”, organizada polo Club Marítimo Rías Baixas.

A saída da regata será ás 16:00 h pero o programa é máis amplo:

10:00 Apertura con chocolatada e roscón para todos os que se acheguen
11:00 Chegada de embarcacións e apertura de inscricións
12:00 Exposición de embarcacións tradicionais, izado de velas e navegacións libres
13:30 Xantar
15:30 Peche de inscricións e botadura de últimas embarcacións
16:00 Saída prevista da regata
19:00 Entrega de premios e convite á merenda/cea aos participantes

Máis información en clubmaritimoriasbaixas@hotmail.com ou no 676 3304 40

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *