I Regata de velas cangrexas. II Gran Premio Agalcari

Os vindeiros 5 e 6 de xullo vai ter lugar en Cabo da Cruz, Boiro, a I Regata de velas cangrexas, II Gran Premio Agalcari.

Esta regata patrocinada por Agalcari e organizada polo Club Náutico de Boiro (Marina de Cabo da Cruz) coa colaboración de AGABACE supón unha novidade en Galicia. Será a primeira vez que se faga unha regata específica de barcos aparellados con velas cangrexas, ainda que este tipo de regata si que é común noutras zonas como o Reino Unido.

Segundo o programa o sábado 5 de xullo será xornada de portas abertas e haberá navegación libre, tamén o sábado haberá dúas interesantes charlas, a primeira “Apuntes en torno á historia da vela cangrexa” a cargo de Luis Tourón, vicepresidente de Agabace, e a segunda “O trimado dos aparellos de vela cangrexa” a cargo de Ramón Albert e Julio Pousa. O domingo 6 ás 13:00 h será cando se faga a regata propiamente dita. Para poder participar, ademais de aparellar cangrexas hai que ter o seguro ao día e ter o certificado de rating JCH, que se pode obter gratuitamente. Para aclarar calquera dúbida sobre este tipo de rating pode contactarse con AGABACE.

Etiquetas