I Regata-Exposición Trofeo Agalcari de Clásicos. Boiro


Os vindeiros días 29 e 30 de xuño vai ter lugar en Cabo de Cruz a I Regata-Exposición Trofeo Agalcari de Clásicos, organizada polo club Náutico de Boiro e promovida por AGABACE.

Poderán participar na regata barcos de vela e motor que cumplan a normativa de Agabace e no caso dos de vela deben ter o certificado gratuito JCH. A inscrición será gratuita.

O pantalán poderá ser visitado polo público e farase un acto de inauguración o sábado.

Os barcos que vindo doutras rías o precisen terán atraques no porto antes e despois do evento.

Etiquetas