I Regata Illas Atlánticas de barcos clásicos e de época

Do 17 ao 19 de agosto vai ter lugar en San Vicente do Mar a I Regata Illas Atlánticas – Trofeo Mercedes-Benz de barcos clásicos e de época, organzada polo C. N. San Vicente.

O 17 ás 18:30 D. Luis Tourón Figueroa impartirá a conferencia “Apuntes para la Historia de la Vela Deportiva en Galicia” na sede do C.N. San Vicente, sendo libre a asistencia.

o 18 e 19 serán as dúas etapas da Regata Illas Atlánticas, con saida e chegada en San Vicente. Poderán participar todos aqueles barcos considerados como clásicos ou de época por Agabace, que teñan o certificado JCH, e teñan feita previamente a preinscrión. Paralelamente á regata convócase un premio de fotografía sobre este evento.

Etiquetas