I Semana do Mar


Do 22 ao 26 de outubro vai ter lugar en Santiago de Compostela a I Semana do Mar, organizada pola Fundación Sotelo Blanco, e coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte e da Fundación Alfonso Martín Escudero.
A Semana consta de conferencias, proxeccións e mesas redondas.
Nela, ademáis doutros, estarán presentes como conferenciantes, Fernando Piñeiro, presidente da FGCMF, Francisco Fdez Rei, vicepresidente, Luis Rei, director de Ardentía, e Dionisio Pereira, historiador.
O programa é realmente completo e moi interesante, porque non so contempla o elemento patrimonial do mar senón que mira ao mar desde moitos puntos de vista: biolóxico, empresarial, social, etc.

Etiquetas