I Varada de barcos tradicionais en San Tomé

O vindeiro sábado 17 de xullo ás 20:30 vai ter lugar a I Varada de barcos tradicionais en San Tomé, organizada polo Clube Mariño Salnés.
Logo da navegación na dársena e a varada haberá sardiñada e outras actividades, nas que colaboran a Confraría, a Comisión de Festas de Santa Margarita, a Escola Municipal de Teatro, Os Canheros, e o Obradoiro de Cultura Tradicional “A Volandeira”.

Etiquetas