I Volta a Tambo. Aguete. Ampliado o prazo de inscrición

Comunícannos que os interesados en participar na I Volta a Tambo para Embarcacións Tradicionais, Barcos Clásicos e de Época ainda teñen ata o día 2 de maio para inscribirse. Neste momento hai xa 20 embarcacións inscritas e a previsión do Windguru neste momento para o sábado é de ventos do sur duns 8 nudos, pouco mar de fondo e nubosidade parcial alta e media.

Para inscribirse hai que preencher a folla de inscrición onde xa se indica como facer os trámites necesarios.

Etiquetas