I Volta a Tambo. Aguete

O vindeiro día 5 de maio vai ter lugar a I Volta a Tambo, organizada polo Club de Mar de Aguete, a Asociación de Pescadores Chirleu e o Grupo Cultural Ronsel, coa colaboración de Agabace e outras entidades. Pola mañán haberá a partir das 11:00 h exposición dos barcos na explanada e nos pantaláns de Aguete, e ás 12:30 h unha conferencia de Víctor Fernández, presidente da FGCMF, sobre o tema “O patrimonio fluvial e marítimo de Galicia ¿Porqué conservalo?”.
A saída da Volta a Tambo será ás 15:30, tendo que deixar a illa por babor e regresar a Aguete antes das 19:30, hora tope de amarre. A entrega de premios será ás 20:00 h no Real Club de Aguete.

Máis información e programa no web de Agabace.

Etiquetas