Iª Concentración de Galeóns ‘A Rabandeira’. Travesía xacobea polo Ulla

Do 23 ao 25 de xullo vai ter lugar a Iª Concentración de Galeóns ‘A Rabandeira’ en Vilanova de Arousa, e a Travesía Xacobea polo Ulla, ata Catoira.
O traballo feito nos últimos anos na recuperacións dos galeóns vai mostrarse nesta xuntanza, a pesar de que algúns dos barcos ainda non remataron por completo a súa recuperación por falta de axudas, esperamos que a Concentración sexa un fito, xa que nunca nos tempos recentes se xuntaron tantos barcos desta tipoloxía.

Segundo o programa, o 23 recibirase aos barcos participantes, o 24 haberá unha homenaxe a José Paz Brión (o señor José) e logo os barcos farán a Travesía ata as Torres do Oeste, en Catoira, rememorando a ruta xacobea a Padrón e a ruta que facían os galeóns ata Pontecesures. Logo de xantar e aproveitando a marea volverán a Vilanova onde haberá música pola noite.

Este evento está organizado pola Asociación Rabandeira de Vilanova de Arousa e a FGCMF, conta coa colaboración do Concello de Vilanova, do Concello de Catoira, do ateneo Vikingo e de Protección Civil, e co patrocinio da Xunta de Galicia, o Xacobeo 2010 e a Deputación de Pontevedra.

A noticia no Faro de Vigo
Actualización: estas son algunhas das noticias publicadas pola prensa sobre a Concentración
Ruta Xacobea con galeones y dornas (Faro de Vigo)
La procesión del Carmen y los galeones llenan la ría de devoción y colorido (Faro de Vigo)
Los galeones regresan a la mar (La Voz de Galicia)
Ulla arriba a bordo de galeones (La Voz de Galicia)
«A cultura marítima galega é a que ten o potencial para ser un referente» (La Voz de Galicia)
Los galeones vuelven a navegar el Ulla (El Pais)
La ría de Arousa rinde homenaje al galeón típico gallego (El Mundo)
Más de una docena de galeones históricos de Arousa remontarán el río Ulla desde Vilanova (Vilanovadearousa.com)
Las embarcaciones tradicionales gallegas toman este fin de semana el Ulla (Expreso.info)
A lancha volta à Galiza

Etiquetas