II Encontro de Embarcações Tradicionais. Rio Lima 2010

Os vindeiros días 17, 18 e 19 de setembro vai ter lugar en Viana do Castelo o II Encontro de Embarcações Tradicionais. Rio Lima 2010, organizado por Barcos do Norte.
Este ano o Encontro está adicado ao Lanheses, unha réplica de Água Arriba, unha tipoloxía de barco de pasaxe do Lima cunha eslora de 13 metros.

O programa inclue varias exposicións, cine, música e navegación. Dentro deste Encontro tamén vai ter lugar o Seminário “II Encontro de Embarcações Tradicionais Rio Lima 2010” – Conferência Internacional de Associações de Embarcações Tradicionais, onde se vai poñer en común o traballo que están a facer diferentes asociacións.

Os interesados en asistir poden preencher a ficha de inscrición e enviala a barcosdonorte@gmail.com. Aconséllase facelo o antes posible para facilitar o traballo da organización.

Etiquetas