II Feria mariñeira de Sada. Regata de vela tradicional

Os días 29, 30 e 31 de xullo os Patexeiros de Sada van participar na II Feira Mariñeira de Sada, cun stand e un número amplo de actividades, centradas na Balbina e na carpintería de ribeira, incluindo calafateado, encascado de aparellos, obradoiro de nós, etc.
Organizan tamén unha regata de vela tradicional o sábado 30, que puntua para a III Copa Balbina, logo haberá entrega de trofeos e rematará o día coa actuación de Cantigas da terra.

Etiquetas