II Volta a Tambo. Aguete


O vindeiro 4 de maio vai ter lugar a II Volta a Tambo, con saída e chegada no Real Club de Mar de Aguete. Esta Volta está organizada polo Real Club de Mar de Aguete, AGABACE, Asociación de Pescadores de Aguete Chirleu, Grupo Cultural Ronsel e a FGCMF.

Para poder participar na Volta é preciso inscribirse previamente e o prazo remata o día 2 de maio. O programa contempla a confirmación das inscricións pola mañá e a saída da Volta ás 15:30 h e o seu remate ás 19:30 h e a entrega de premios ás 20:00 h.

Paralelamente á Volta terá lugar un concurso de fotografía relacionada coa Volta e a promoción das embarcacións tradicionais.

Etiquetas