III Festa da conmemoración da Batalle de Rande. Arde Rande!!

Mañá, venres 14 e o sábado 15 de outubro vai ter lugar Arde Rande!!, a III Festa da conmemoración da Batalla de Rande, organizada pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande (ADCRande), xunto co Concello de Redondela. Este evento busca rememorar mediante teatralizacións a batalla entre a flota anglo-holandesa e a flota hispano-francesa que se dou no estreito de Rande en 1702. Nesta festa participan varios barcos tradicionais de colectivos membros de Culturmar da ría de Vigo.

O venres 14 a partir da 20:00 h vai haber un desembarco de tropas anglo-holandesas na praia de Arealonga, en Chapela.
O sábado 15 a partir das 10:00 h haberá xornada de portas abertas no Meirande, xunto con obradoiros e postos de artesanía. Seguirá ás 10:30 h unha presentación dos grupos GALP (antigos GAC) sobre o tema “Novas oportunidades de emprendimento na costa galega”. Ás 12:00 h haberá uha concentración de embarcacións tradicionais no peirao do Meirande.
Durante todo o día haberá postos de comida e teatralizacións que rematarán á noitiña coa recreación da batalla e fogos no mar.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.