III Trofeo Fasquía

O vindeiro sábado 9 de Xuño vai ter lugar a regata de dornas a vela III Trofeo Fasquía, organizado pola asociación do mesmo nome e que é a primeira regata do Trofeo Galicia deste ano.
A regata tera lugar no peirao do Xufre da Illa de Arousa, a saída será ás catro da tarde e o percorrido previsto é : saída dunha boia en dirección o peirao, de aquí a o faro do Seixo e despois a unha boia situada ao norte do peirao do Xufre, para enfilar rumbo ao peirao collendo a boia de novo e tendo que dar dúas voltas a este percorrido. A distancia será aproximadamente de 8 millas. Todo ésto é si hai vento NE, se hai vento SW será: saída igual, pero logo poñerase unha boia situada ao W de Vilanova, daraselle a volta e regresarase ao peirao do Xufre para coller de novo a boia de saída e dirixirse a outra situada ao N do peirao do Xufre collendoa e regresando de novo ó porto tendo que dar dúas voltas.
Ao remate a entrega de trofeos terá lugar no local da Asociación de Mexilloeiros Illa de Arousa, na que se agasallarán con trofeos aos 5 primeiros clasificados e a tódolos participantes cun pincho, uns viños e unha camiseta comemorativa da regata.
O trofeo foi presentado no local da Asociación de Mexilloeiros coa presencia do Alcalde da Illa, o Presidente da FGCMF e o presidente de Fasquía.

Etiquetas