Impactos no litoral. Visitas guiadas

No marco das V Xornadas do Mar o Ateneo Santa Cecilia de Marín, coa colaboración do GC Ronsel, organiza unha serie de visitas guiadas á puntos do litoral da ría de Pontevedra para coñecer in situ a situación sobre os impactos que sofren eses lugares.

Esta actividade comezou o pasado día 19 cunha charla sobre o medio litoral a súa conservación e os impactos que sofre e seguirá o día 27 de setembro cunha visita a Beluso (na foto) e ao litoral de Bueu da man de Suso Framil, do colectivo Anduxía, onde se falará sobre os efectos do porto deportivo sobre a dinámica da praia. O día 4 de outubro haberá duas visitas: pola mañá visitarase Portonovo dan man de Xaquín Rodríguez Pomares, do Colectivo Ecoloxísta do Salnés, onde se falará sobre a conservación do tramo dunar e os efectos do porto deportivo na praia de Silgar; pola tarde visitarase Lourido, da man de Benito Andrade, da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, onde se falará do efecto de ENCE/ELNOSA na ría e da dinámica do medio dunar restante de Lourido.

Esta actividade conta co apoio e axuda de Ventos. Estudos ambientais. Neste programa poden verse os detalles completos de cada visita.

(Imaxe POL de Galicia)

Etiquetas