Inauguración da Mostra Onde se vive o mar. Presentacion da guía de embarcacións

O vindeiro día 5 de outubro vaise inaugurar oficialmente a Mostra Onde se vive o Mar. Será ás 12:00 h nas instalacións do Club Náutico de San Vicente, en Pedras Negras, no Grove.
A mostra está composta por máis de 20 embarcacións tradicionais, das que se editou un libro guía.
A guía Onde se vive o mar, pequena guia de embarcacións é da autoría de Lino Prieto e será presentada, previamente ao acto de inauguración, pola Conselleira de Pesca, o Alcalde do Grove, o Presidente da FGCMF, o Presidente do C.N. San Vicente, Francisco Fernández Rei, e o autor.
Como xa dixemos anteriormente, o Concello do Grove facilitará un servicio de autobuses que unirá o Porto do Grove, o CIPES e Pedras Negras.

Etiquetas