Inauguración do novo local da ACD Dorna

 

O pasado sábado día 2 inaugurouse na Illa de Arousa o Edificio Municipal de Usos Náuticos, o novo local que a ACD Dorna comparte co Club de Piragüismo. O acto pechou un proceso de máis de 6 anos que vai permitir unhas mellores condicións de traballo a ambas entidades.

O edificio conta con dous grandes espazos, un para cada entidade, ademais de vestiarios, ximnasio, talleres, e zonas comúns, así como un exterior que pode ser utilizado en actividades diversas.

O financiamento da construción correu a cargo da Deputación de Pontevedra e será o Concello quen teña que facerse cargo do mantemento. Hai que recoñecer o traballo e compromiso de ambas administracións, especialmente no caso do Concello dado o seu limitado orzamento.

Parabéns aos compañeiros da ACD Dorna por este novo equipamento tanto tempo demandado.

A nova na prensa:

Faro de vigo
Pontevedraviva.com
La Voz de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *