Industria marítima castrexa. A Lanzada

O que se ve na foto é unha instalación para a producción de licuamen, unha especie de salsa de peixe que se usaba como potenciador do sabor e tiña un valor económico considerable no mundo romano.
Na Lanzada acaban de atopar esta instalación, e ten unha datación provisional nos séculos I a.C. / I d.C. o que a convirte na máis antiga do NO da península, e plantexa a incógnita de que fai unha planta de procesado de peixe nun castro antes da chegada dos romanos.
Na mesma excavación tamén atoparon espiñas de atún, o que indica que dalgunha forma pescaban no mar, e non simplemente desde as rochas.
O enclave da Lanzada éstá a fornecer datos importantes sobre as relacións comerciais cos pobos mediterraneos, incluso antes da romanización.
O equipo desta excavación está levando adiante un gran traballo de apertura á comunidade, de implicación dos veciños no proxecto, e de difusión dos traballos e dos achados.
Ata o 31 de setembro, quen queira pode achegarse á excavación e vela in situ, e de luns a venres, a partir das 13:00 hai unha visita guiada.

(Vía Capítulo0, foto Manuel Gago)

Etiquetas

Un comentario sobre “Industria marítima castrexa. A Lanzada

Comments are closed.