Iniciación á navegación en embarcacións tradicionais en Bouzas

Desde o 25 de maio e ata finais de setembro Mariñeiros de Bouzas organizan unha actividade de iniciación á navegación en embarcacións tradicionais. Esta actividade dirixida a maiores de 18 anos é gratuíta aínda que as persoas que participen nela deberán facer un seguro de accidentes (10 euros) e mercar un manual de iniciación á navegación tradicional (6 euros).

É unha excelente oportunidade para introducirse no mundo da navegación tradicional, sobre todo pensando nas variadas tipoloxías de embarcacións tradicionais das que dispoñen os organizadores, algunhas únicas como a traiñeira Vigo05, e o extraordinario entorno da ría de Vigo. Só hai 15 prazas dispoñibles polo que quen estea interesado/a en participar pode inscribirse ou conseguir máis información en info@marinerosbouzas.com ou no telefono 649 680 854, e debe facelo o antes posible.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *