Investindo a futuro

Amigos da Dorna de Portonovo leva dous anos facendo escola de vela no verán. Os luns e mércores saen navegar os rapaces que están empezando no mundo das dornas. Remata o verán e onte foi o último luns de escola deste ano.

Como en toda actividade o relevo xeracional é cousa complicada, e máis se temos en conta as dificultades para ter en propiedade un barco. Parabéns a Amigos da Dorna de Portonovo por este traballo, que xunto co traballo de moitos anos da Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna e doutros colectivos da FGCMF, axuda a que a xente nova poida achegarse á navegación en embarcacións tradicionais e conseguir unha formación que é moi difícil de conseguir por outras vías.

Etiquetas