IV Concentración de Barcos Clásicos. San Vicente do Mar

Organizada polo C.N. San Vicente do Mar, vai ter lugar o vindeiro 21 de agosto a IV Concentración de Barcos Clásicos no porto de Pedras Negras.
É unha boa oportunidade de ver gran parte da flota de clásicos do sur de Galicia. Tamén se espera a participación de grandes barcos de tipo tradicional como en pasadas ocasións.

O día 20 vaise constituir a “Asociación Galega de Barcos Clásicos de Época” (AGABACE) co obxecto de dispor dun ente que, fundamentalmente, agrupe e defenda os intereses dos armadores de recreo de barcos clásicos e de época.

Ampliación da noticia en Todogrove.com co programa detallado e fotografías da presentación

Etiquetas