IV Memorial Tito Silva

Mañá sábado 21 vai ter lugar o IV Memorial Tito Silva, organizado por As Joritas coa colaboración de AGABACE.

A saída está prevista para as 15:00 h pero haberá previamente unha reunión de patróns ás 13:30 no Salón de exposicións José Peña.
Para poder participar é obrigatorio ter os seguros en regla, posuír o certificado JCH (gratuíto) e cubrir a folla de inscrición e enviala antes das 20:00 h do venres 20 de setembro (a inscrición é gratuíta). Nas instrucións de regata están os detalles necesarios para participar no evento.

Etiquetas