IV Mostra das Tradicións Mariñeiras. A Guarda 2013. Un mar de tesouros

Baixo o lema Un mar de tesouros os vindeiros 25,26,27 e 28 de xullo vai ter lugar a IV Mostra das Tradicións Mariñeiras na Guarda, organizadas polo Concello da Guarda e a Asociación de Redeiras Atalaia da Guarda. O seu programa é moi completo e amplo, incluindo concursos de cantigas de taberna, de barcos de papel, a XVIII Travesía a nado ó Porto da Guarda, concertos de corais, a actuación de Ses, varias exposicións e obradoiros, taberna mariñeira, xogos populares, etc.

A FGCMF colabora achegando sete barcos para a exposición en seco: unha buceta, un bote da ría de Vigo, unha chalana, un choupán, unha gamela coruxeira, unha gamela da Guarda e unha dorna. Os barcos foron cedidos por Sueste, Ronsel, Breadouro, Sodináutica e Mariñeiros de Bouzas, baixo a coordinación de Marisma da Ramallosa.

Etiquetas