IX mostra de modelismo naval AMONAGA 2015

No Museo do Mar de Galicia está aberta ata o 15 de novembro a IX Mostra de modelismo naval AMONAGA 2015. Esta mostra de 60 modelos, agrupados en tres seccións: barcos tradicionais, a vela e a motor, está organizada pola Asociación de Modelistas Navais de Galicia e conta cunha sección especial dedicada ao modelista Eulogio Neira.
A entrada á exposición é gratuíta e o horario é de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *