IX Regata do Sepelo de dornas a vela

Os amigos da dorna de Portonovo anuncian a IX Regata do Sepelo de dornas a vela, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de xuño, con inicio ás 16:30 horas. Comunícaselle aos interesados en participar, que é obrigatorio ter contratado o seguro de navegantes e as embarcacións estar aseguradas, ademais de ter a bordo tódolos elementos de seguridade (chalecos, remos, risón, flotacións…) para facilitar a celebración sen incidentes. Coma de costume haberá unha papatoria posterior á regata e os participantes serán agasallados cunha fermosa camisola conmemorativa, ademais dos trofeos para os vencedores.

Máis información: amigosdadorna.org

 

 

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *