IX Semana do Mar. Seixo, Marín

Do 2 ao 8 de decembro vai ter lugar en Seixo, Marín, a IX Semana do mar. Está organizada pola Asociación de Pescadores de Aguete “Chirleu” e o Grupo Cultural “Ronsel” do Seixo-Marín. Este é o programa:

  • Luns 2, 20:00h : apertura da Semana do Mar coa exposición da FGCMF “Pequena guía das embarcacións tradicionais”
  • Martes 3, 20:00 h : proxección do documental “O mar do fin do mundo: o reino dos cefalópodos” (2011), producido por José Irisarri
  • Mércores 4, 20:00h : conferencia de Pablo Caballero Javierre, con imaxes de Gonzalo Gamallo: “Traballo ed conservación sobre o salmón atlántico, e o reo ou troita de mar”
  • Xoves 5, 20:00h : conferencia de Xulio Pardellas de Blas: “O turismo pesqueiro”
  • Venres 6 : visita ás salgadeiras de Moreiras no Grove (Saída da Casa da Cultura de Seixo ás 9:15 h)
  • Sábado 7, 20:00 h : conferencia de José Rodríguez Boullosa: “Historia do Universo (O Big Bang): a orixe da navegaión astronómica”
  • Domingo 8, 11:00 h : saída a vela en embarcación tradicional dende o porto de Aguete. 18:00 h clausura da Semana do Mar coa proxección do documental “Mar de velas” (2007) de Pemón Bouzas
Etiquetas