IX Xornadas de pesca do Pindo. “Ondas do mar que sacan e dan”


Do 23 ao 29 de xuño van ter lugar no Pindo as IX Xornadas de pesca do Pindo organizadas pola Confraría de Pescadores do Pindo e Pindo Mariño.

Os primeiros catro días están adicados a obradoiros relacionados co mar para nenos. Os seguintes días teñen un programa denso, amplo e variado. Entre outras actividades haberá: relatorio de Emilio Louro e Manuela Oviedo sobre «Explorando novos horizontes: Lonxa na rede», de Lino Lema sobre «As crebas do proxecto Fishernet», de Dionisio Pereira sobre «O mar a través do ollos dos mariñeiros», de Guillermo Fernández sobre «Meteogalicia e a súa visión da meteoroloxía na costa galega», de Alfredo López sobre «Varamento de cetaceos e relación cos temporais, correntes, etc.». Tamén se presentará o libro As Crebas: outro xeito de andar ao mar de Francisco Fdez Naval, acompañado dun recital poético de varios autores. Haberá tamén unha mesa redonda baixo o tema «Naufraxios sonados da nosa costa: Xubilados da zona» como pequena homenaxe aos mariñeiros que perderon a vida no mar.

A inscrición está aberta ata o 16 de xuño. Para ter máis información pódese chamar aos teléfonos 981 76 48 15 e 667 393 173, ou por correo electrónico confraria@wanadoo.es e mmerced2003@yahoo.es

Etiquetas