IX Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña

Boas novas de Moaña, a pesar da que está caendo volven convocar a súa xuntanza. Será a IX Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña. Nesta carta de convocatoria os organizadores, Sueste, avisan de que as condicións non poden ser as de anos pasados, onde se distribuian agasallos aos participantes e se lles daba xantar.

O día 11 de agosto ás 11 da mañán no peirao da Mosqueira en Moaña haberá unha boa oportunidade de ver a flota da ría de Vigo (e outros que se acheguen) nun mesmo lugar, xa que este é o unico evento deste tipo que convoca aos barcos tradicionais da ría.

Para participar é preciso inscribirse usando esta folla de inscrición e ter en regla os seguros e medidas de seguridade a bordo. Na mema folla vai información útil para os que vaian participar na Xuntanza.

Etiquetas