Labrando carballos á beira do mar. A carpintaría de ribeira na provincia marítima da Coruña a finais do Antigo Rexime. Libro

Da autoría do profesor Jose Manuel Vázquez Lijó a Consellería do Mar publicou hai uns meses o libro Labrando Carballos á beira do mar. A carpintería de ribeira na provincia marítima da Coruña a finais do Antigo Rexime.
Este traballo ven abrir un camiño prácticamente inexplorado na historia da construción naval galega anterior ao século XX. Baseado nun profundo e amplo traballo de arquivo estudia a construción naval entre o Eume o e Tambre desde finais do século XVIII ata mediados do XIX.
O estudio mostra como practicamente a totalidade da flota de pesca e grande parte da pequena cabotaxe foi contruida localmente, mentras os barcos de máis de 100 toneladas foron comprados no exterior na súa maioría, ainda que algúns foron construidos en estaleiros privados de Ferrol ou Muros.
Case non había instalacións fixas, senón que se contruía en praias e esteiros, e os carpinteiros en moitos casos tiñan un segundo oficio como medio de vida cando non tiñan encargos de construción.
As tipoloxías dos barcos mercantes e de cabotaxe eran de tipo “internacional”: bergantíns, fragatas, corvetas, pailebotes, quechemaríns, etc. mentras que na pesca a lancha era o tipo predominante (70%) seguida por botes e outros barcos de pequeno tamaño.
O libro ten un amplo apéndice documental e anexos con varias listaxes, por exemplo das embarcacións matriculadas na provincia marítima de Coruña en 1845, do estado de estaleiros particulares de Galicia en 1859, ou contratos de obra de carpinteiros dos distritos de Corcubión, Sada e Malpica no periodo estudiado.
Este libro ademáis de abrir un camiño novo, será unha fonte continua e rica de información sobre persoas e barcos da zona estudiada, e un libro cheo de información puntual de grande interese, como por exemplo a existencia de algúns contratos de pequenos barcos de lecer.
Parabéns ao autor polo libro e esperamos que poida continuar o traballo de estudio do resto da costa galega e que algún día vexamos publicado outro libro do nivel deste.

Etiquetas

2 cometarios sobre “Labrando carballos á beira do mar. A carpintaría de ribeira na provincia marítima da Coruña a finais do Antigo Rexime. Libro

    1. En calquera librería. As publicacións da Consellería son distribuidas por Galaxia, se non o teñen na librería supoño que non terán problema en pedilo.
      Ficha do libro

Comments are closed.