Lanchas de pasaxe da ría de Ferrol

No blog O recuncho do Couselo, podedes ver unha colección de fotos antigas e de maquetas das lanchas de pasaxe da ría de Ferrol. Neste interesante blog, ademais do dito, hai fotografías antigas da zona, publicacións sobre a historia local e fotografias de maquetas de barcos e castelos relacionados con Ferrol.
A foto de arriba é unha maqueta da lancha de pasaxe Concepción Arenal, construida no Freixo en 1935 e que facía a ruta Ferrol – A Graña. A maqueta mostra a súa versión orixinal, con motor de vapor, antes da explosión da súa caldeira en 1950, que causou a morte do maquinista, o que levou a cambiar o motor por un diesel.

Etiquetas