Lectura colectiva do Patrimonio Marítimo do Salnés. Memoria de Luís Rei. O Grove

O vindeiro xoves 8 de outubro ás 20:00 h vai ter lugar no Grove o panel Lectura colectiva do Patrimonio Marítimo do Salnés. Memoria de Luís Rei, dentro do XXVII Ciclo Cultivando o mar. O acto será no iglú institucional da Festa do Marisco.

No acto participarán Francisco Fernández Rei que falará sobre o léxico do mar da Arousa, Pablo Carrera falará sobre os encontros de embarcacións e a FGCMF, Emilio Ínsua falará sobre a revista Ardentía e Antón Mascato falará sobre a revisión do catálogo de construcións do patrimonio marítimo e fluvial da península do Grove. O acto estará moderado por Jacobo Fernández e contará tamén cunha actuación musical a cargo de Clara Pino e Abel Afonso.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *